A villa maior, Lugo
Por Margalida
«Adeus ríos, adeus fontes…» no fermoso son deste poema séntese vibrar a auga nalgún recodo da nosa ialma, augas limpas, e non o sumideiro no que está a converterse a principal vía fluvial, o Miño e os regatos que conflúen nel.
Os repetidos vertidos de augas fecais o parecer non teñen pai. ¿En qué cidade do século XXI estamos a vivir? Podemos enche-lo peito por ser unha cidade bimilenaria de orixe romana, boa gastronomía, etc… mais levamos nas costas unha gran bosta que cheira fora da muralla e arruina o disfrute da praias fluviais.
Entón, ¿De quen é a responsabilidade? ¡¡confabulación hidrográfica!! ….Concello, Xunta….
E preciso actuar de contado, e unha verdadeira vergoña, unha neglixencia grave que precisa unha urxente resposta.