A villa maior, Lugo
por Margalida
«Adeus ríos, adeus fontes…» no fermoso son deste poema séntese vibrar a auga nalgún recodo da nosa ialma, augas limpas, e non o sumideiro no que está a converterse a principal vía fluvial, o Miño e os regatos que conflúen nel.
Os repetidos vertidos de augas fecais o parecer non teñen pai. ¿En qué cidade do século XXI estamos a vivir? Podemos enche-lo peito por ser unha cidade bimilenaria de orixe romana, boa gastronomía, etc… mais levamos nas costas unha gran bosta que cheira fora da muralla e arruina o disfrute da praias fluviais.
Entón, ¿De quen é a responsabilidade? ¡¡confabulación hidrográfica!! ….Concello, Xunta….
E preciso actuar de contado, e unha verdadeira vergoña, unha neglixencia grave que precisa unha urxente resposta.
Comentarios
É certo. Hoxe vas á beira do rio, e dá noxo. Unha extraña e artística espuma flotando, que non se sabe o que é. Véxase un exemplo aquí http://untalmarra.wordpress.com/2010/07/11/fotos_311-rio-mino/
Zona protexida baixo varias figuras legais: Reserva da Biosfera, Lugar de Interés Comunitario, Red Natura 2000, bla bla bla…Pero cheo de merda.
E a xente báñase…E, claro, logo dánlles puntos como sair polas ruas cos coches a bocinazo limpio, con cortinas rojo y gualda. Sí, tén que ser diso.
Benquerida Eugenia hoxe podo dicir que é unha gran negra sombra a que asoma en calquer recodo, auguas que atópanse ca man dos homes e mulleres que non sinten necesidade de coidar da nosa nai natureza, non si??. A especie humana ten unha ialma chea de contradiccións??… e autodestructiva….
Hai uns días no xornal (progreso ou a voz) víase unha fotografía tremebunda; un gran bodegón de telef. móviles tirados pola ría do Burgo mesturados cos bivalvos que máis ben eran poucos nun afán de supervivenza…parece ser que non é unha cousa nova…hai tempo que están alí máis non se fixo nada… ???
Que fai Adega con toda esta merda, sábelo tí..vou tentar poñer-me ó día para poder axudar a romper o silenzo, mérecen que haxa guerra..loitar contra…
Nada máis que un bico para Conxa e outro pala Eugenia…
Debes estar identificado para poder opinar.